Persoas que cumpran calquera dos requisitos de acceso á universidade previstos no Real Decreto 534/2024.
1. Premer no botón Iniciar tramitación, visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
3. No apartado Documentación obrigatoria, anexar o Formulario de prazas sobrantes, previamente cumprimentado e gardado no seu equipo.
4. No apartado de Outros documentos, de ser o caso, anexar o resto de documentación.
5. Pulse o botón Enviar solicitude.
6. Pulsar o recadro «Si» da venta de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
7. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Documentación obrigatoria (a presentar por todos os interesados):
Non terá que presentar máis documentación que este formulario quen xa teña un expediente anterior na UVigo ou quen obtivera o título que habilita para o acceso á universidade no Sistema interuniversitario de Galicia e teña os seus datos en NERTA. Para o resto de casos é obrigatorio, ademais, a presentación de un dos catro documentos do apartado 2.
2. Outros documentos :
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
O Servizo de Xestión de Estudos de Grao / 986 813607 / soporte.grao@uvigo.es
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 11 de setembro ao 3 de outubro ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
Cinco días hábiles desde a entrada da solicitude
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme o artigo 24 da Lei 39/2015.
NORMATIVA APLICABLE
Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico
