SBOL - Solicitude premio de excelencia inicio grao
Descrición
Dirixido a
Alumnado de titulacións de Grao
Como facelo
As persoas solicitantes deberán cubrir o formularioexistente na sede electrónica para este procedemento (https://sede.uvigo.gal).
Documentación requirida
·Acreditación do premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior.
·Acreditación da Olimpíada Científica.
·Certificación académica do Bacharelato ou Ciclo Superior, con nota media.
·No caso de estudos estranxeiros de bacharelato, declaración de equivalencia da nota media.
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Axudas ao estudo, Bolsas e Prezos Públicos, bolsas@uvigo.es Telf. 986 813611
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 30 de setembro de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
PRAZO DE RESOLUCIÓN
3 meses
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio
NORMATIVA APLICABLE
Resolución Reitoral de convocatoria
Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e a súa normativa de desenrolo
Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e a súa normativa de desenrolo.