SGRA - Solicitude de admisión por recoñecemento de créditos
Descrición
Dirixido a
Quen, tendo iniciados e non rematados estudos universitarios oficiais españois, se lle poida recoñecer un mínimo de 30 créditos na titulación na que se solicita a admisión.
Como facelo
• Rexistro xeral do campus de Vigo (Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
• Rexistro auxiliar sede cidade (rúa de Torrecedeira 86 - Vigo)
• Rexistro auxiliar do campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
• Rexistro auxiliar do campus de Pontevedra (E.E. Forestal – A Xunqueira)
• Calquera outro previsto na Lei 39/2015 do 1 de outubro.
A entrega de documentación pódese facer, ademais de nos lugares indicados, directamente nas unidades administrativas correspondentes para cada caso, recomendando que quede constancia da entrega para evitar posibles reclamacións.
Documentación requirida
• Certificación académica expedida pola universidade de procedencia
• Programas ou guías docentes de cada materia superada (seladas ou con código de verificación) das que se pretende o recoñecemento, correspondente ao curso académico da superación
• DNI, NIE ou Pasaporte
• Consultarase directamente no centro por se este require documentación adicional
Observacións
O prazo de presentación de solicitudes será o mes de xuño cumprindo os requisitos en dito prazo e resolveranse antes do 31 de xullo.
• A quen solicite admisión tendo pendentes cualificacións e resulte admitido poderá pedir que se lle recoñezan eses créditos sempre que o faga nos 15 días seguintes a ter completado o expediente. Os centros resolverán esta nova solicitude antes do 30 de setembro.
• Cando resulten prazas sen cubrir, e existan solicitudes presentadas en prazo que non foron resoltas favorablemente ao estar pendentes de cualificacións, unha vez completado o expediente, as persoas afectadas poderán solicitar a revisión da súa situación. Os centros poderán atendelas e resolvelas antes do 30 de setembro.