No caso de representación, deberase xuntar á solicitude o documento acreditativo do seu outorgamento e da persoa que o representa
Cando proceda, aportaranse os documentos acreditativos da petición.
A efectos de comprobación de identidade, serán obxecto de consulta por parte da Universidade de Vigo do documento nacional de identidade da persoa interesada ou da persoa representante. No caso de oposición a dita consulta deberá indicarse no recadro correspondente na solicitude e achegar unha copia do documento.
Máis información sobre Protección de Datos: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Normativa aplicable:
Artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD)
Artigos 12 a 18 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD)
Prazo do procedemento:
Máximo un mes, a contar dende a recepción da solicitude. En función da complexidade e o número de solicitudes o citado prazo poderá prorrogarse outros dous meses, do cal será informada a persoa interesada.
Efectos:
No caso de que a Universidade de Vigo non dea curso á solicitude da persoa interesada, informaraa sen dilación, e a máis tardar transcorrido un mes da recepción da solicitude, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou exercitar accións xudiciais.
Transcorrido o prazo sen que de forma expresa se conteste á solicitude, a persoa interesada poderá pórse en contacto coa Delegada de Protección de Datos da Universidade, ou se o estima oportuno, interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos para que inicie un procedemento de tutela dos seus dereitos o exercitar accións xudiciais.
Os dereitos serán denegados cando a solicitude sexa formulada por persoa distinta da persoa interesada ou non se acredite a súa representación.