SGRA - Cambio no réxime de permanencia da matrícula nunha titulación de grao
Descrición
Dirixido a
Dirixido a estudantes que teñan matrícula formalizada nunha titulación de grao
Como facelo
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo:
Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
Anexar a documentación obrigatoria seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs).
No apartado “asunto” especificar o motivo da solicitude: “solicitude de cambio no réxime de permanencia” e o nome da titulación de grao matriculada.
É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
Presencialmente:
Poderá presentarse nas oficinas de asistencia en materia de rexistro en calquera dos tres campus:
calquera outra circunstancia que considere que poida impedir a dedicación plena aos estudos
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
O órgano de dirección do centro de estudos responsable da titulación solicitada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xullo ao 15 de outubro ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo para resolver será de un mes, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude. A resolución favorable permitirá, no prazo que esta indique, axustar os créditos na matrícula para ese curso.
NOTIFICACIÓN
Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válido.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.