O alumnado de continuación que non se matriculara no prazo establecido.
Unidade responsable
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Vía telemática:
• Na secretaría virtual: Para acceder disporase dun NIU. Ao alumnado de novo ingreso xeraráselle automaticamente ao finalizar a matrícula. O enlace para recuperar os datos de acceso é https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/.
Presencial:
• Rexistro xeral do campus de Vigo (Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
• Rexistro auxiliar sede cidade (rúa de Torrecedeira 86 - Vigo)
• Rexistro auxiliar do campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
• Rexistro auxiliar do campus de Pontevedra (E.E. Forestal – A Xunqueira)
• Calquera outro previsto na Lei 39/2015 do 1 de outubro. A entrega de documentación pódese facer, ademais de nos lugares indicados, directamente nas unidades administrativas correspondentes para cada caso, recomendando que quede constancia da entrega para evitar posibles reclamacións.
Quen teña o expediente arquivado non poderá acceder á mesma e deberá emendar a situación para iniciar este procedemento.
Tramitaranse no Servizo de Xestión de Estudos de Grao que para maior axilidade efectuará as comunicacións ao correo electrónico facilitado pola persoa interesada na secretaría virtual.
En todo caso as solicitudes de matrícula fóra de prazo serán desestimadas por:
• Non ter emendado o motivo que deu lugar ao arquivo do expediente
• Estar iniciado o proceso de xeración de actas de avaliación
• Solicitar matrícula nun curso anterior ou nalgunha titulación ou curso extinguido
• Ter o expediente trasladado a outra universidade ou titulación
• Ter matrícula formalizada nese mesmo curso académico noutra titulación
• Non ter concedida a admisión para esa titulación
• Incorrer nalgún dos supostos establecidos nas normas de xestión académica, na normativa de permanencia, en resolucións, instrucións aclaratorias, nos plans de estudo e/ou sentencia xudicial A matrícula extemporánea pode supoñer a incorporación con posterioridade ao inicio de actividades xa programadas, polo que, quen se matricule nestas circunstancias é coñecedor de que dita formalización non xera o dereito a repetir as xa realizadas, a excluílas da avaliación, nin a ser avaliado en datas distintas das previstas