headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SPAS – Concurso específico 1/2025

Solicitude para a participación na provisión dos postos de Xefatura de servizo que se indican, mediante concurso específico:

Persoas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

1.Premer o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.No apartado de “Datos a efectos de notificación”, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.

3.No apartado “Documentación obrigatoria” anexar o formulario “Elección de postos”, indicando aqueles aos que se pretende concursar e a súa orde de preferencia.

4.No apartado de ”Documentación opcional” achegar os arquivos indicados na convocatoria.

5.Premer no botón «Enviar Solicitude».

6.Pulsar o recadro «Si» da ventá de “Confirmación de datos” para finalizar o trámite de solicitude.

7.Si desexa descargar o “Xustificante de rexistro” e comprobar a documentación aportada pulse a pestana «Expedientes» situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:

Formulario de “Elección de puestos”:

DOCUMENTACIÓN OPCIONAL:

Méritos:

a) Curriculum vitae, nun único arquivo que se denominará “CV”.

b) A documentación acreditativa da titulación,  nun único arquivo que se denominará “Titulación”.

c) A documentación acreditativa do cursos de formación e perfeccionamento nun único arquivo que se denominará “Cursos”.

d) A documentación acreditativa do coñecemento de idioma/s estranxeiros,  nun único arquivo que se denominará “Idiomas”.

e) A documentación acreditativa do coñecemento de galego, nun único arquivo que se denominará “Galego”.

f) A documentación acreditativa de formación en materia de igualdade, de prevención e actuación fronte á violencia de xénero, nun único arquivo que se denominará “Igualdade”.

g) A documentación acreditativa da conciliación e igualdade de xénero, nun único arquivo que se denominará “Conciliación”.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal de Administración e Servizos.

consultapas@uvigo.es

986813762

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde as 00:00 horas do 15 de maio ata as 23:59 horas do 4 de xuño de 2025.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Seis meses, contados dende a publicación da relación definitiva de aspirantes.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio.

NORMATIVA APLICABLE

  • Convocatoria (Anexar a convocatoria cando esté preparada).
  • Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.
  • Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (EBEP).
  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG).
  • Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC).
  • Estatutos da Universidade de Vigo.

Volver
Iniciar tramitación