SPOS - Anulación de matrícula para estudiantes de máster (fluxo SIMPLE)
Descrición
Dirixido a
Estudantes con matrícula formalizada no curso 2025/2026 nunha titulación de Máster da UVigo.
Como facelo
Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, un enderezo electrónico válido, xa que será o medio polo que se van facer os avisos das devanditas notificacións.
Prema o botón Enviar solicitude.
Premer o recadro “Si” da xanela de Confirmación de datos para finalizar o trámite da solicitude.
Se desexa descargar o xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema a lapela Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional, as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos. Para iso deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
Documentación requirida
Documentación obrigatoria (a presentar por todos os interesados):
Formulario de anulación de matrícula.
Documentación xustificativa requerida que acredite o feito causante da solicitude.
Observacións
OBSERVACIÓN IMPORTANTE NA TRAMITACIÓN
A concesión da anulación total de matrícula non implica a exoneración dos importes por servizos administrativos xerados no momento de formalizar a matrícula, polo que se instará a facelos efectivos mediante unha nova liquidación que se xuntará á resolución a quen non teña pagados os importes de obrigado pago. De non facer efectiva a débeda contraída, iniciarase o procedemento de apremio sobre o patrimonio da persoa obrigada ao pago, conforme á normativa vixente.
Impedimentos para a concesión: Para que se poida conceder a petición de anulación total de matrícula, non se poderá incorrer nalgún dos impedimentos establecidos no apartado 1.7.4 da convocatoria anual de matrícula.
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao Teléfono: 986 816 557 Email: negociado.master@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
1º Período de anulación: Ata o 22 de outubro de 2025
2º Período de anulación: Do 2 ao 6 de febreiro de 2026
PRAZO DE RESOLUCIÓN O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.
SENTIDO DO SILENCIO Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.