- Premer o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
- Identificarse a través dalgún dos sistemas de autenticación permitidos.
- No apartado de Datos a efectos de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
- No apartado de Documentación achegar a documentación que corresponda da descrita no apartado documentación requirida.
- Premer no botón Enviar Solicitude.
- Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
- Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal de Administración e Servizos
consultapas@uvigo.es
986813762
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende as 00:00 horas do XX de xxxxx ata as 23:59 horas do XX de xxxxx de 2026. (5 días hábiles desde o día seguinte á publicación do acordo coa cualificación definitiva)
NORMATIVA APLICABLE
· Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario
· Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (EBEP)
· Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia
· Estatutos da Universidade de Vigo.
· Convocatoria (R, de XX de XXXX de 2026, por la que se convoca un proceso selectivo de acceso libre, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala técnica especialista de servizos xerais, da subescala condutor (C1).