headerheader-400header-800
Volver

VICOU - Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025

Tramitación de solicitudes de axudas para o afianzamento de liñas de investigación en  proxectos do persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025.

Persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal da convocatoria do ano 2023, que tomase posesión efectiva da súa praza nesa categoría na Universidade de Vigo, en centros do Campus de Ourense, antes da publicación desta convocatoria.

1.-Cumprimentar e descargar o modelo de solicitude no seguinte enderezo: convocatoria.

2.- Na sede electrónica:

a)       Seleccionar Iniciar tramitación situado na marxe superior ou inferior dereita.

b)      No apartado Asunto especificar “VICOU – Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025”.

c)       Achegar o modelo de solicitude do paso 1, cuberto e asinado.

d)      Pulse o botón Enviar solicitude.

e)      Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.

f)        Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

Modelo de solicitude asinado

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do Campus de Ourense.

Tfno.: 988368880

Enderezo electrónico: vicou@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte a publicación da convocatoria ata as 23:59 horas do día xx de xuño de 2025.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses contados a partir do día seguinte á data de finalización da presentación de solicitudes.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo.

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria de axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2025.


Volver