headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SXER - Acceso á información pública

Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na lexislación sobre transparencia.

Enténdese por Información pública: os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

Lembrámoslle que unha gran parte da información está publicada no Portal de transparencia. Pregámoslle que consulte o Portal antes de realizar a solicitude por se a información xa estivera publicada.

Pode consultar o procedemento no Regulamento de Transparencia e de acceso á información pública da Universidade de Vigo (Capítulo IV – artigo 10 ó 15).

Toda a cidadanía

A presentación de solicitudes supón a realización da totalidade dos seguintes pasos:

1. A persoa solicitante  debe premer no botón Iniciar tramitación, que aparece na parte superior ou na parte inferior dereita da pantalla.

2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida, xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

3. Descargar o formulario adxunto ao procedemento e gardalo no seu equipo antes de cubrilo, xa que de outra maneira non se gardará a información no PDF. Campos que aparecen:

  • Información que solicita (campo obrigatorio).
  • Motivación da solicitude.
  • Observacións

4. No apartado de Documentación anexar o formulario obrigatorio e aquelas que se considere oportuna.

5. Premer en Enviar.

6. Pulsar o recadro «Si» da venta de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.

7. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada, pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

Non é obrigatorio, opcionalmente aquela que a persoa interesada considere oportuna.


ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Secretaría Xeral

PRAZO DE RESOLUCIÓN

1 mes dende a recepción da solicitude.

Se pode prorrogar por un mes por causa do volume ou complexidade e antes da finalización do prazo e previa notificación ó interesado.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno.


Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno

Regulamento de transparencia e de acceso á información pública da Universidade de Vigo


Volver
Iniciar tramitación