headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 1º Concurso público Profesorado Permanente Laboral

Concurso público para cubrir prazas da categoría de Profesorado Permanente Laboral.

Os requisitos de participación son os establecidos na base segunda da convocatoria, á que se pode acceder en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando “Emprego” e logo “Concursos de profesorado” e empregando como palabra chave “PPL2401”.

Sen prexuízo dos requisitos xerais de acceso á función pública, os e as aspirantes deben estar en posesión da titulación de doutor/a e estar acreditados/as nos termos que se indican na base 2.1.d).

A solicitude de participación xerarase cubrindo o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición. O enlace é distinto segundo se trate de persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual ou non, tal e como se indica máis adiante no apartado FORMULARIOS RELACIONADOS.

Esta mesma aplicación será a que permitirá realizar o pagamento telemático das taxas ou, no seu defecto, xerar o impreso para o pagamento manual a través das entidades colaboradoras.

A solicitude de participación xerada pola aplicación web deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente (ver apartado DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA), na sede electrónica da Universidade de Vigo a través deste procedemento.

A documentación a presentar é a que se indica na base terceira, apartado cuarto, da convocatoria. Esa documentación presentarase en formato PDF e a través da sede electrónica da Universidad de Vigo a través deste procedimiento e, en todo caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes (ver apartado PRAZO DE PRESENTACIÓN).

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.

Teléfonos 986 813765 – 986 813421

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

6 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE                                                                                                                                           

O concurso rexerase pola LOSU, a LPACAP, a LRXSP, o TREBEP, os Estatutos da Universidade de Vigo, o Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e ás categorías de profesorado permanente laboral e axudante doutor (na súa versión de 12/03/2025) así como polas bases da convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

FORMULARIOS RELACIONADOS

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.


Volver