- Prema o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
- No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar un enderezo electrónico válido.
- Prema o botón Enviar solicitude.
- Prema o cadrado Sí da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite da solicitude.
- Se desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación achegada, prema na lapela Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De forma excepcional para este procedemento, só as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o que deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal con suficiente antelación ao día de peche do prazo de presentación
Non é necesario achegar documentación agás que a anulación total se solicite por algunha das seguintes razóns:
• por ter unha resolución de recolocación da CiUG
• unha circunstancia sobrevida grave ocorrida unha vez iniciado o curso que impida iniciar ou continuar os estudos e á persoa solicitante xa se lle concedese unha anulación total nese mesmo curso ou dúas nos tres últimos
• que se lle autorizase formalizar a matrícula mediante unha resolución reitoral de matrícula fóra de prazo.
OBSERVACIÓN IMPORTANTE NA TRAMITACIÓN
A concesión da anulación total de matrícula non implica a exoneración dos importes por servizos administrativos xerados no momento de formalizar a matrícula, polo que se instará a facer efectivo mediante unha nova folla de liquidación que se achegará á resolución a quen non teña pagados os importes de obrigado pagamento. De non facer efectiva a débeda contraída iniciarase o procedemento de constrinximento sobre o patrimonio de obrigado ao pagamento, consonte a normativa vixente.
Impedimento para a concesión: Para que se poida conceder a petición de anulación total de matrícula non se poderá incorrer nalgún dos los impedimentos establecidos no apartado 2.7.1 establecidos na convocatoria anual de matrícula.
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
O Servizo de Xestión de Estudos de Grao (986813607/soporte.grao@uvigo.es)
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 09 de xullo e permanecerá aberto ata o 15 de outubro ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.
NORMATIVA APLICABLE
Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico.