headerheader-400header-800
Volver

SXER - Presentación de candidaturas. Eleccións Claustro (PAS/PDI)

Mediante este procedemento as persoas elixibles, de acordo coa normativa aplicable, poderán presentar a súa candidatura para as eleccións a representantes no Claustro Universitario
Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos (PTXAS) da Universidade de Vigo que teña a condición de persoa elixible consonte a normativa aplicable

A través da sede electrónica da Uvigo:

1.       Pulsar o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.

3.       Na pestaña Documentación anexar o modelo de candidatura cuberto e asinado.

4.       Pulsar o botón Enviar solicitude.

5.       Pulsar o recadro Si da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.

6.      Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla

Presencialmente:

1.      Poderá presentarse o modelo de candidatura nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

·         Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.

O modelo de candidatura correspondente ao sector ao que pertenza a persoa interesada:

·         Sector A: profesorado doutor con vinculación permanente (PDI-A)

·         Sector B: outro persoal docente e investigador (PDI-B)

·         Sector D: persoal técnico, de xestión e de administración e servizos

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Secretaría Xeral

986 812018 / 986 813614  

Correo Electrónico: cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o 09 ao 13 de marzo de 2026

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O 27 de marzo de 2026 publicarase a proclamación provisional de candidaturas. As persoas candidatas proclamadas, así como as excluídas, poderán presentar un recurso ante a Comisión Electoral no prazo que establece a convocatoria de eleccións.

NORMATIVA APLICABLE

  1. Resolución do 03 de abril de 2024, de convocatoria de eleccións
  2. Procedemento para a elección de reitor/a da Universidade de Vigo e de representantes no Claustro Universitario
  3. Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo
  4. Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/26

Volver