headerheader-400header-800
Volver

SXER - Presentación de candidaturas. Eleccións Claustro (Estudantes)

Mediante este procedemento as persoas elixibles consonte a normativa aplicable poderán presentar a súa candidatura para as eleccións de representantes no Claustro Universitario.

Estudantes da Universidade de Vigo que teñan a condición de persoas elixibles consonte a normativa aplicable.

A través da sede electrónica da Uvigo:

1. Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2. Descargar, encher e asinar o modelo de candidatura que corresponda ao sector ao que pertenza a persoa interesada.

3. Anexar o modelo de candidatura cuberto e asinado.

Presencialmente:

1. Poderá presentarse o modelo de candidatura nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

·         Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade). Rúa Torrecedeira, 86.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.

O modelo de candidatura correspondente ao sector ao que pertenza a persoa interesada:

·         Sector A: profesorado doutor con vinculación permanente (PDI-A)

·         Sector B: outro persoal docente e investigador (PDI-B)

·         Sector C: estudantes

·         Sector D: persoal de administración e servizos (PAS)

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

·         Secretaría Xeral

·         986 812018 / 986 813614

·         cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día 14 ata o 18 de marzo de 2022.

INFORMACIÓN ADICIONAL

O 28 de marzo de 2022 publicarase a proclamación provisional de candidaturas. As persoas candidatas proclamadas, así como as excluídas, poderán presentar un recurso ante a Comisión Electoral no prazo que establece a convocatoria de eleccións.

NORMATIVA APLICABLE

1. Resolución, do 1 de febreiro de 2022, de convocatoria de eleccións

2. Procedemento para a elección de reitor/a da Universidade de Vigo e de representantes no Claustro Universitario

3. Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo

4.Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os Estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267


Volver