No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.
No campo “Documentación” engadirá o formulario de participación indicado no paso anterior.
Por último premerá en “Enviar solicitude”, este paso xerará o xustificante de presentación en sede.
3.O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e o contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV
4.Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de “xustificante de presentación en sede” e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
Documentación requirida
Formulario de participación para cada premio ao que opte.
Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo ata ás 23:59 horas do 30 de xullo de 2025.
Neste mesmo prazo cargarase a obra no programa informático ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no “Xustificante de presentación en sede” da solicitude.
A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.