headerheader-400header-800
Volver

VICOU - Convocatoria de axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (InOu 2021)

Financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Deputación Provincial de Ourense, apoiando ás investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como á especialización do Campus de Ourense-Campus Auga.

Proxectos coordinados entre distintos ámbitos de coñecemento (anexo III), a solicitude consistirá na proposta dun proxecto coordinado constituído como mínimo por dous subproxectos de ámbitos de coñecemento diferentes, independentemente do número de subproxectos que o conformen. Cada subproxecto terá asignado un/unha investigador/a principal, sendo un deles, ademais, o/a investigador/a coordinador/a, que será o/a que presente a solicitude.

Tamén poderán presentarse proxectos coordinados entre distintas áreas de coñecemento (anexo III), a solicitude consistirá na proposta dun proxecto coordinado constituído por dous subproxectos de dúas áreas de coñecemento diferentes. Cada subproxecto terá asignado un/unha investigador/a principal, sendo un deles, ademais, o/a investigador/a coordinador/a, que será o/a que presente a solicitude.

Co fin de impulsar a interacción entre grupos de investigación de distintos ámbitos de coñecemento, priorizaranse para a súa financiación os proxectos coordinados de ámbitos diferentes.

Os grupos de investigación deberán estar rexistrados no catálogo de grupos de investigación da Universidade de Vigo (SUXI), e só poderán participar nun subproxecto por grupo.

O modelo de solicitude pode descargarse no enderezo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/639. Unha vez cuberto e asinado presentarase (en formato pdf) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) no procedemento Convocatoria de axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (InOu 2021).

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga

Tfno.: 988387300

Enderezo electrónico: vicou@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o día 22 de marzo ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Tres meses contados a partir do día seguinte á data de finalización da presentación de solicitudes.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Convocatoria de axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (InOu 2021).

FORMULARIOS RELACIONADOS

O formulario de solicitude pode descargarse no enderezo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/639


Volver