Primeiro: Toda investigadora da Universidade de Vigo terá dereito a solicitar que a avaliación da súa produción científica, docente ou de transferencia sexa equivalente ao promedio acadado por ela nos cinco anos anteriores ao terse atopado nalgunha das seguintes situacións, polo tempo de duración das mesmas e ata a convocatoria de avaliación inmediatamente posterior á súa finalización:
a) Crianza de fillo/a ata que acade os seis anos de idade.
b) Coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que non poda valerse por si mesmo a causa da súa avanzada idade, de accidente ou de enfermidade graves.
c) Atención psicolóxica prescrita por sufrir violencia de xénero.
Segundo: O dereito previsto no parágrafo anterior poderá estenderase a todo investigador da Universidade de Vigo que obtivese un permiso ou unha excedencia por razón dos supostos descritos nos apartados a) e b), previo informe favorable da Unidade de Igualdade e polo tempo de duración do devandito permiso ou excedencia, ata a convocatoria de avaliación inmediatamente posterior á súa finalización.
a) Solicitude da acción positiva, vinculada a una convocatoria propia de docencia, investigación ou transferencia a que se presenta. ( Anexo I )
b) Fotocopia do Libro de Familia ou escrito responsable que certifique a situación á que se acolle. Deberá presentarse o Libro de Familia orixinal, no caso de que así sexa solicitado para verificar a fotocopia presentada.
c) No caso necesario, escrito destinado á Unidade de Igualdade, no que se expoña a situación segunda ou terceira a fin de obter un informe favorable da Unidade. (Anexo II)
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O Prazo de presentación das solicitudes será o mesmo que o prazo correspondente a todas as convocatorias propias de docencia, investigación e transferencia da Universidade de Vigo.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo de resolución das solicitudes será o mesmo que o prazo correspondente a todas as convocatorias propias de docencia, investigación e transferencia da Universidade de Vigo.
NORMATIVA APLICABLE
Acordo do Consello de Goberno do 29 de abril de 2019.
“Carta Internacional de los derechos humanos de las mujeres” da Convención sobre la eliminación de todas las Formas de Discriminación contra la Mujer (CEDAW) aprobada pola Asamblea Xeral en 1979, ratificada por España en 1984 que suliña que as accións afirmativas non se considerarán discriminatorias e as define no art. 4.1º como “medidas especiais de carácter temporal encaminadas a acelerar a igualdade de facto entre o home e a muller”.
Comité para a Igualdade entre Homes e Mulleres do Consello de Europa, a acción positiva defínese como unha estratexia temporal que permite corrixir aquelas discriminacións que son o resultado de prácticas ou de sistemas sociais, desenvolvendo o principio de igualdade de oportunidades, co fin de corrixir as desigualdades de orixe.
Lei 14/2011de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación no seu apartado cuarto da súa Disposición adicional decimoterceira, relativa á implantación da perspectiva de xénero no ámbito científico,
Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Acción 4.4.1. do III Plan de Igualdade da Universidade de Vigo (2020/2024)
FORMULARIOS RELACIONADOS
Os formularios relacionados están vinculados a estas tres convocatorias:
-Convocatoria de avaliación da produción de transferencia 2019. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/506
-Convocatoria de Avaliación da produción de investigación 2019. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/509
-Convocatoria de avaliación da actividade docente. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/608
