headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SRSS - Acción Social 2022

Convócanse as axudas do fondo social 2022, correspondentes a gastos ocasionados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

O conxunto de prestacións configúrase na concesión de axudas para:

1.- Atención a persoas con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial.

2.- Coidado de fillos/as de ata 6 anos e de familiares maiores de 70 anos.

3.- Estudos oficiais no curso 2021/2022.

4.- Tratamentos de saúde.

Estas axudas son financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 0000 421S 162.99 dos orzamentos da Universidade de Vigo.

1.- Poderán solicitar as axudas de acción social:

 

a)       O persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo. Queda excluído o persoal eventual e con contrato de alta dirección.

 

b)      Os familiares (cónxuxe ou persoa coa que conviva maritalmente, fillos e fillas ou proxenitores) deste persoal que falecese en servizo activo ou excedencia por coidado de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, durante os anos 2021, 2020, 2019, 2018 e 2017, ao amparo do artigo 55.6 do convenio colectivo vixente. O/a cónxuxe ou persoa coa que convivise maritalmente poderá solicitar estas axudas mentres permaneza en estado de viuvez ou non conviva maritalmente de novo.

 

c)       O persoal xubilado ou declarado en situación de incapacidade absoluta ou gran invalidez ao longo do ano 2021. Poderá solicitar as axudas de acción social soamente polos gastos xerados ata a data de xubilación ou incapacidade.

 

 2.- Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos durante o ano 2021:

 

a)         Percibir as súas retribucións con cargo ao capítulo I dos Orzamentos da Universidade de Vigo. O persoal vinculado á Universidade mediante contrato de traballo deberá estar incluído no ámbito de aplicación do Convenio colectivo de PDI ou PAS laboral.

 

b)     Atoparse na situación administrativa de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

 

c)      Cumprir os requisitos esixidos nas normas específicas de cada modalidade de axuda.

 

Todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos e os/as menores con ingresos deberán atoparse ao corrente dos deberes tributarios segundo o artigo 13.2 e) da Lei 38/2003, de subvencións, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes; en caso contrario, excluirase a solicitude na súa totalidade.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo “Procedemento de Acción Social 2022”. Para isto deberá cubrir o documento Anexo I. “Solicitude de Axudas do Fondo Social 2022”, Anexo II. “Información e comprobación de datos”, e achegar a documentación xenérica e específica que corresponda segundo a modalidade da axuda.

A presentación da solicitude electronicamente require identificación na sede por medio de DNI electrónico ou doutro certificado electrónico admitido pola Universidade de Vigo.

ANEXO I: “Solicitude de axudas do Fondo Social 2020” e ANEXO II: “Autorización e comprobación de datos” que deberán vir acompañados da documentación xeral e específica que se requira en cada axuda:

a) Documentación xeral:

-Copia do libro de familia ou documentación que acredite o parentesco co solicitante. Non será preciso aportar esta documentación de telo feito na convocatoria 2019, agás no caso de actualización dos datos

-Copia  do certificado de rexistro de parellas de feito.

-Copia  do certificado de convivencia a 31/12/2019.

b) Documentación Específica

1.-Atención a persoas con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial: Copia do certificado do grao de discapacidade ou dependencia en vigor ao ano ao que se refire a convocatoria (2019). Non será necesaria a súa presentación de terse achegado na convocatoria 2019, salvo no caso de discapacidade obxecto de revisión, no que deberá achegar unha copia da resolución vixente no ano ao que se refire a axuda.

2.- Estudos curso 2021/2022:

                Non universitarios: certificado de matrícula do curso 2021/2022.

Universitarios: xustificante do pago de matrícula do curso 2021/2022 e copia da certificación académica.

3.- Tratamentos de saúde: facturas do ano 2021 e/ou informe médico xustificativo do tratamento. Para os tratamentos por trastornos alimenticios será suficiente con achegar o informe médico.

Todas as facturas deberán incorporarse nun único arquivo no apartado correspondente da sede electrónica.

ÓRGANO ENCARGADO DE LA TRAMITACIÓN

Servizo

Teléfono

Correo electrónico

Retribucións e Seguros Sociais

986 813578

consultanomina@uvigo.es

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes deberán presentarse entre o día 17 de xuño e o día 5 de xullo de 2024.

 

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo de resolución desta convocatoria será de seis meses, a contar desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes de acordo ao artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo.

 

NORMATIVA APLICABLE

Resolución Reitoral pola que se convocan axudas do fondo social 2022.

 

FORMULARIOS RELACIONADOS

ANEXO I: “SOLICITUDE DE  AXUDAS  DO FONDO SOCIAL 2022”.

ANEXO II: “INFORMACIÓN E COMPROBACIÓN DE DATOS“.


Volver
Iniciar tramitación